martes, 13 de agosto de 2013

Concerto o sábado na Igrexa de San Domingos


O vindeiro sábado 17 de agosto na Igrexa de San Domingos ás 21,00 horas terá lugar o concerto de clausura do Curso de dirección coral, canto e técnica vocal que organiza "Camerata Ad Libitum" en Tui. Un concerto titulado "Lembrando a Tamara Brooks..." e no que colabora a Asociación Amigos da Catedral de Tui.


Imágenes integradas 1









martes, 6 de agosto de 2013

IX edición de Música no Claustro da S. I. Catedral de Tui



A S. I. Catedral de Tui organiza unha nova edición de Música no Claustro. Durante cinco días, a música é a protagonista principal dun encontro artístico inderdisciplinar que da vida ao conxunto catedraliceo, tendo como escenario principal o claustro gótico, un marco arquitectónico e artístico cheo de historia e espiritualidade.

Xunto á música, diferentes propostas de danza, artesanía, moda, deseño, investigación musicolóxica e visitas guíadas, convivirán baixo o leitmotiv dos nove anos de Música no Claustro: a Creación Contemporánea con acento galego. Unha creación contemporánea liderada por aCadaCanto e o seu novo proxecto 'A Rosa d'Adina' en homenaxe a Rosalía de Castro.

Tras a apertura do ciclo dan man do zanfonista jazz Germán Díaz co seu 'Método Cardiofónico', atopamos entre outras propostas, o rap de Aíd, a poesía de Silvia Penas, a visita de Música en Compostela ou o proxecto 'Guitarra Clásica Galega' do guitarrista tudense Samuel Diz. Musicolóxicamente, a presentación da 'Historia da Música en Galicia' de Lorena López Cobas, o Proxecto Virtual de Recuperación do Patrimonio Musical Galego séculos XIX-XX con Milagros Bará Viñas, ou Marco Antonio de la Ossa (Premio Nacional Musicoloxía 2009) coa 'Música na Guerra Civil Española'. Xunto á artesanía de Elías González, Elena Ferro, Cabuxa ou Sanín, como experiencia única e exclusiva, as visitas guíadas nocturnas ao triforio e cuberta da Catedral á finalización dos concertos.

Agradecemos o apoio e compromiso dos nosos patrocinadores. O propio Cabildo da S. I. Catedral de Tui, a Concellería de Cultura do Concello de Tui, e como novidade nesta edición, a Xunta de Galicia, a través de Xacobeo.

Para mais información: http://www.musicanoclaustro.com/