A S. I. Catedral de Tui organiza unha nova edición de Música no Claustro. Durante cinco días, a música é a protagonista principal dun encontro artístico inderdisciplinar que da vida ao conxunto catedraliceo, tendo como escenario principal o claustro gótico, un marco arquitectónico e artístico cheo de historia e espiritualidade. Xunto á música, diferentes propostas de danza, artesanía, moda, deseño, investigación musicolóxica e visitas guíadas, convivirán baixo o leitmotiv dos nove anos de Música no Claustro: a Creación Contemporánea con acento galego . Unha creación contemporánea liderada por aCadaCanto e o seu novo proxecto 'A Rosa d'Adina' en homenaxe a Rosalía de Castro. Tras a apertura do ciclo dan man do zanfonista jazz Germán Díaz co seu 'Método Cardiofónico', atopamos entre outras propostas, o rap de Aíd, a poesía de Silvia Penas, a visita de Música en Compostela ou o proxecto 'Guitarra Clásica Galega' do guitarrista tudense Samuel