In memoriam de D. Domingo Cameselle Bastos
Onte, mércores 22 de maio, recibimos a triste noticia dende o Mosteiro de Sobrado dos Monxes do falecemento de Domingo Cameselle Bastos, que foi o impulsor e fundador desta “Asociación de Amigos da Catedral de Tui”. Ante todo, achegamos a nosa oración e o noso pesar por tan triste acontecemento así como o recoñecemento ao importante papel que Domingo Cameselle Bastos desenvolveu nos anos en que tivo ao seu cargo á catedral tudense. Esta nota quere ser unha lembranza garimosa ao seu labor na nosa Catedral. Domingo Cameselle (Vigo, 1932) desenvolveu unha ampla labor pastoral na diocese tudense, como coadxutor en varias parroquias de Vigo, logo como párroco de Baredo e Baíña e posteriormente Peitieiros e Morgadáns, chegando a Tui, en setembro de 1990, ao ser nomeado, por Monseñor José Cerviño, como Capelán da Milagrosa e responsable do culto na Catedral de Tui en coordinación coa parroquia e o Cabido. Ao pouco da súa chegada crea o boletín “Pórtico”, en outubro de 1990, p...