A Catedral acolleu as exequias e o enterramento do bispo emérito Mns. Cerviño
Na S.I.Catedral de Tui, tivo lugar o venres 20 de abril, a concelebración eucarística de funeral, - que presidiu o Arcebispo metropolitano da provincia eclesiástica de Santiago de Compostela , Mons. Julián Barrio-, previa ao enterro de Mons. José Cerviño, Bispo emérito da Diocese, que faleceu o pasado día 18 de abril. Concelebraron con el os demais bispos residenciais das dioceses galegas, o emérito de Tui-Vigo, Mons. Diéguez Reboredo, o Bispo de Astorga Mons. Camilo Lorenzo Igrexas e os arcebispos de Valladolid Ricardo Blázquez e o emérito José Delicado Baeza xunto co de Tánxer, Mons. Agrelo. Concelebraron tamén máis dun centenar de sacerdotes desta diocese, de Santiago de Compostela e doutras dioceses galegas e españolas. A numerosos fieis vindos de toda a Diocese acompañáronlles autoridades civís e militares. Mons. Cerviño foi enterrado no lateral esquerdo da capela do Santisimo da Catedral tudense. Monseñor Cerviño foi o impulsor da creación desta Asociación...