Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como D. Luis Quinteiro

MONSEÑOR D. LUIS QUINTEIRO, BISPO EMERITO DE TUI-VIGO. SERÁ O PREGOEIRO DA SEMANA SANTA TUDENSE 2025

Imagen
Este vindeiro domingo 6 de abril ás 18,00 horas a capela das Reliquias da S.I. Catedral de Tui servirá de escenario para o acto de lectura do pregón da Semana Santa tudense que correrá a cargo neste ano por Monseñor D. Luis Quinteiro Fiuza, bispo emérito da diocese de Tui-Vigo.  A celebración deste acto de lectura do pregón da Semana Santa é unha iniciativa da Asociación “Amigos da Catedral de Tui” que dende o ano 2012 realiza este acto para a promoción do valores espirituais e culturais das celebracións da Semana Santa tudense que teñen unha historia de séculos e contan con singulares tradicións de alto valor como parte do noso patrimonio inmaterial. Don Luis Quinteiro Fiuza nace en Sabrexo (Vila de Cruces, Pontevedra) o día 26 de xuño de 1947. Ingresa no Seminario Menor de Belvís de Santiago de Compostela en 1958. Uns anos despois, en 1966, sendo seminarista maior, comeza os seus estudos teolóxicos na Pontificia Universidade de Comillas (Santander) e, trasladada esta Universi...

Este sábado terá lugar a entrega da medalla de ouro do Concello ao D. Luis Quinteiro Fiuza, bispo de Tui-Vigo

Imagen
Este sábado, 10 de decembro, ás 13.00 h no salón de plenos da casa do concello de Tui terá lugar a entrega da medalla de ouro da cidade a D. Luis Quinteiro Fiuza, bispo da diocese de Tui-Vigo. O Pleno da Corporación Municipal de Tui acordou na súa sesión do pasado 28 de xullo conceder a medalla de ouro da cidade, que será entregada este sábado. O acordo plenario, sinala o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, recolle como ao longo dos doce anos de episcopado, dende 2010, Monseñor Quinteiro mantivo sempre unha especial relación coa nosa cidade, onde está a súa sede ou cátedra na Catedral de Santa María, dedicándolle a este templo unha preferencial atención para potenciar o seu papel como principal igrexa da diocese, promovendo o culto e actividades no seu recinto. Nestes anos do seu episcopado, testemuñando a súa constante preocupación pola conservación da Catedral tudense se veñen acometendo importantes obras de restauración e conservación en colaboración con diversas administracións ...