Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como José María Lores Pérez

O PROFESOR XOSE MARIA LORES PÉREZ SERÁ O PREGOEIRO DA SEMANA SANTA 2024

Imagen
  Este vindeiro domingo 17 de marzo ás 18,00 horas a capela das Reliquias da S.I. Catedral de Tui servirá de escenario para o acto de lectura do pregón da Semana Santa tudense que correrá a cargo neste ano por Xosé María Lores Pérez, profesor xubilado do IES “San Paio” de Tui. A celebración deste acto de lectura do pregón da Semana Santa é unha iniciativa da Asociación “Amigos da Catedral de Tui” que dende o ano 2012 realiza este acto para a promoción do valores espirituais e culturais das celebracións da Semana Santa tudense que teñen unha historia de séculos e contan con singulares tradicións de alto valor como parte do noso patrimonio inmaterial. Xosé María Lores Pérez (Pontevedra, 1961), é licenciado en Filoloxía clásica por la Universidade de Santiago de Compostela (1985). Profesor de Grego nos IES Santa Irene-Vigo (1985-86), IES Valle Inclán-Pontevedra (1986-87) e IES San Paio-Tui (1987-2022). Neste último centro foi Xefe de Estudos (1991-2005), coordinador da biblioteca d...