Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Semana Santa

Pregón da Semana Santa de TUi 2026 por Eva González del Socorro

Imagen
  P R E G Ó N SEMANA SANTA DE TUI 2026 Excelentísimo y reverendísimo señor obispo de Tui-Vigo, monseñor Antonio Valin Valdés; excelentísimo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González; deán de la catedral de Tui, don José Diéguez Dieppa; miembros de la corporación municipal; miembros del cabildo y de órdenes y hermandades religiosas; fieles, familia, amigos todos. Dios es mi pastor, nada me falta Esta tarde estamos en la catedral de Tui, a la que me unen tantas cosas…, Durante años estuve contemplando este templo desde mi mesa de despacho en el local de Juan Cela Rivas, en esta Praza de San Fernando. Su cercanía propició hace décadas que el sacerdote nombrado entonces responsable del templo, don Domingo Cameselle Bastos, llamase a mi puerta para explicarme su idea de fomentar el uso cultural y cultual del templo. Mi sugerencia fue que explicase esas interesantes ideas a mi marido, Julio Viñas, quien, a su vez, acudió a su numeroso grupo de amigos, que no dudaron en ponerse man...

Eva González, pregonera da Semana Santa de Tui 2026

Imagen
Este vindeiro domingo 22 de marzo ás 18,00 horas a capela das Reliquias da S.I. Catedral de Tui servirá de escenario para o acto de lectura do pregón da Semana Santa tudense que correrá a cargo neste ano da xornalista Eva González del Socorro, correspondente do “Faro de Vigo” durante moitos anos na nosa cidade. A celebración deste acto de lectura do pregón da Semana Santa é unha iniciativa da Asociación “Amigos da Catedral de Tui” que dende o ano 2012 realiza este acto para a promoción do valores espirituais e culturais das celebracións da Semana Santa tudense que teñen unha historia de séculos e contan con singulares tradicións de alto valor como parte do noso patrimonio inmaterial. Eva Gonzáles del Socorro (Barcelona, 1950), no ano 1972 trasládase a Tui onde fixa a súa residencia. Xornalista autodidacta, inicia o seu labor como delegada do xornal “Faro de Vigo” en Tui o 15 de xullo de 1987, ata a súa xubilación en 2020, completando así trinta e tres anos de información sobre Tui...

MONSEÑOR D. LUIS QUINTEIRO, BISPO EMERITO DE TUI-VIGO. SERÁ O PREGOEIRO DA SEMANA SANTA TUDENSE 2025

Imagen
Este vindeiro domingo 6 de abril ás 18,00 horas a capela das Reliquias da S.I. Catedral de Tui servirá de escenario para o acto de lectura do pregón da Semana Santa tudense que correrá a cargo neste ano por Monseñor D. Luis Quinteiro Fiuza, bispo emérito da diocese de Tui-Vigo.  A celebración deste acto de lectura do pregón da Semana Santa é unha iniciativa da Asociación “Amigos da Catedral de Tui” que dende o ano 2012 realiza este acto para a promoción do valores espirituais e culturais das celebracións da Semana Santa tudense que teñen unha historia de séculos e contan con singulares tradicións de alto valor como parte do noso patrimonio inmaterial. Don Luis Quinteiro Fiuza nace en Sabrexo (Vila de Cruces, Pontevedra) o día 26 de xuño de 1947. Ingresa no Seminario Menor de Belvís de Santiago de Compostela en 1958. Uns anos despois, en 1966, sendo seminarista maior, comeza os seus estudos teolóxicos na Pontificia Universidade de Comillas (Santander) e, trasladada esta Universi...

Programa da Semana Santa de Tui 2024

Imagen
  DOMINGO, 17 DE MARZO 18.00 h na Capela das Reliquias da S. I. Catedral Pregón da Semana Santa A cargo de D. José María Lores Pérez, profesor xubilado do IES “San Paio” de Tui. Pequeno concerto a cargo de alumnado e profesorado do Conservatorio Municipal de Música de Tui. Organiza: Asociación de Amigos da Catedral de Tui. Colabora: Cabido Catedral de Tui e Irmandade do Docísimo Nome de Xesús e Santa Casa de Misericordia. DOMINGO, 24 DE MARZO | DOMINGO DE RAMOS 11.00 h Beizón de ramos na Praza de San Fernando. A continuación procesión e Santa Misa na S. I. Catedral. MÉRCORES, 27 DE MARZO | MÉRCORES SANTO 12.00 h na S.I. Catedral Misa Crismal presidida polo Bispo da diocese e concelebrada polo presbiterio diocesano. Beizón dos óleos que se empregan na administración dos sacramentos nas parroquias durante o ano e renovación polos presbíteros das súas promesas sacerdotais. XOVES, 28 DE MARZO | XOVES SANTO 19.30 h na S. I. Catedral Misa Vespertina da cea do Señor 19.00 a 23.00 h. Visit...

Pregón da Semana Santa de Tui do ano 2024 polo profesor Xosé María Lores Pérez

Imagen
  Pregón da Semana Santa de Tui pronunciado por Xosé María Lores Pérez na capela das Reliquias da Catedral de Tui o domingo 17 de marzo de 2024. PER CRUCEM AD LUCEM        A espranza do mundo é o amor consumido de sede                                        na consumación da crus. A fin suprema do tempo é un estalido de gloria na lus [i] .            Con estes tres versos remata o breve poema “Alfa e Omega” do guitirense Xosé María Díaz Castro. Neles resúmese o que nesta tarde quixera pregoar: a cruz é o camiño para a luz. Vivamos con intensidade a Semana Santa   coa esperanza de saber que, despois das tebras e das bágoas do Venres Santo, chegan os aleluias e o sol sen ocaso do domingo de Resurrección.   ...