Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2019

O sábado 17 de agosto concerto de música vocal en San Domingos

Imagen
Este sábado 17 de agosto ás 21,30 horas a Igrexa de San Domingos de Tui acolle o concerto de clausura do Curso Internacional Tamara Brooks 2019 de Dirección Coral, Canto e técnica vocal. A orquestra estará formada por profesores e alumnos deste prestixioso curso que organiza Camerata ad Libitum coa colaboración de Amigos da Catedral de Tui.

Capilla de San Andrés o del Santísimo

Imagen
Hai escasamente tres meses dabamos conta do falecemento do que foi fundador desta Asociación de Amigos da Catedral de Tui, D. Domingo Cameselle Bastos. Entre as múltiples iniciativas que impulsou nesta Catedral está a edición, dende outubro de 1990, da revista “Pórtico” que recollía as actividades a desenvolver no templo catedralicio así como artigos de investigación e difusión sobre a nosa Catedral. Neste blog iremos publicando periodicamente unha escolma deste traballos pois posúen un alto interese para o coñecemento deste monumento. O primeiro dos traballos publicados en “Pórtico” foi no segundo número, de novembro de 1990, dedicado á Capela de San Andrés ou do Santísimo Sacramento. Aínda que figura sen asinar, é obra de Domingo Cameselle que, naquela altura, era o único responsable de “Pórtico”; pubicación que en posteriores número xa deu entrada a novos colaboradores. Así pois con este pequeno traballo iniciamos esta serie que nos aportará interesantes colaboracións arredo

Xornada sobre San Domingos de Tui: arte e historia

Imagen
Este mércores 7 de agosto o Instituto de Estudios Tudenses organiza na igrexa de San Domingos unha xornada para afondar no coñecemento deste templo histórico. "Amigos da Catedral de Tui" colabora con esta interesante iniciativa O programa é o seguinte: 18,30 h. Acto de benvida Conferencia de  José Augusto Sotomayor-Pizarro, da Facultade de Letras da Universidade de Porto e Eduardo Pardo de Guevara y Valdés, Instituto Padre Sarmiento do CSIC: “Los Sotomayor: un linaje entre Galicia y Portugal” 19,30 h. Visita comentada á igrexa por Carmen Manso Porto, da Real Academia de Historia, especialista en arte dos dominicos en Galicia: “El arte gótico en Santo Domingo de Tui” 20,30 h. Conferencia de Domingo González Lopo, da Universidade de Santiago de Compostela: "El convento de Santo Domingo de Tui: foco de devociones dominicas en el Baixo Miño del Barroco". 21,30 h. Momento musical e clausura.