Presentación do libro "Judíos, Conversos e Inquisición en Tui" de Suso Vila

O vindeiro venres, 1 de marzo, presentarase o novo libro de Suso Vila "Judíos, Conversos e Inquisición en Tui". O acto terá lugar na sala capitular románica do claustro da Catedral de Tui, ás 20h. Ao finalizar a presentación será ofrecido un ágape aos asistentes. "Judíos, Conversos e Inquisición en Tui" é un traballo que busca o recoñecemento do extraordinario patrimonio histórico tudense neste caso centrado na convivencia da comunidade xudea medieval e as actuacións do Santo Oficio na cidade que deixaron un legado aínda conservado na actualidade. Divulgar ese rico pasado axudará tamén a conservalo e valoralo, ademais de repercutir economicamente na cidade tudense. A presente publicación está realizada baixo a iniciativa da S. I. Catedral de Tui, contou coa colaboración do Concello de Tui e o apoio do mesón Jaqueyvi de Tui. Nesta liñ...