Entradas

Mostrando entradas de abril, 2024

Entrega do Premio Cidade de Tui 2024 a "Amigos da Catedral de Tui"

Imagen
Con inmenso orgullo e gratitude esta Asociación "Amigos da Catedral de Tui" recolleu o pasado sábado 30 de marzo, o Premio "Cidade de Tui" do ano 2024 na categoría colectiva. Recolleu este premio, en nome do Presidente da Asociación Eduardo Cadenas Dapena, a súa esposa María Dolores Balseiro Pose. Acompañaron á Xunta Directiva da Asociación neste acto, o primeiro presidente Manuel Martínez, así como Julio Viñas que, sen chegar a ocupar cargo directivo algún, tivo unha grande participación nos primeiros anos da nosa Asociación. Presenza que testemuña o agradecemento aos diversos directivos que dende 1992 teñen aportado a súa dedicación e esforzo así como aos socios de "Amigos da Catedral", cunha especial lembranza para D. Domingo Cameselle Bastos, inspirador da nosa asociación, D. Antonio Hernández Matias e D. Ricardo Garcia Fernández. Achegamos diversas imaxes deste acto. ¡Gracias!