Eva González, pregonera da Semana Santa de Tui 2026

Este vindeiro domingo 22 de marzo ás 18,00 horas a capela das Reliquias da S.I. Catedral de Tui servirá de escenario para o acto de lectura do pregón da Semana Santa tudense que correrá a cargo neste ano da xornalista Eva González del Socorro, correspondente do “Faro de Vigo” durante moitos anos na nosa cidade. A celebración deste acto de lectura do pregón da Semana Santa é unha iniciativa da Asociación “Amigos da Catedral de Tui” que dende o ano 2012 realiza este acto para a promoción do valores espirituais e culturais das celebracións da Semana Santa tudense que teñen unha historia de séculos e contan con singulares tradicións de alto valor como parte do noso patrimonio inmaterial.

Eva Gonzáles del Socorro (Barcelona, 1950), no ano 1972 trasládase a Tui onde fixa a súa residencia. Xornalista autodidacta, inicia o seu labor como delegada do xornal “Faro de Vigo” en Tui o 15 de xullo de 1987, ata a súa xubilación en 2020, completando así trinta e tres anos de información sobre Tui e o Baixo Miño, participando nas seccións de Comarcas, Sucesos, Sociedade, Economía, Galicia. Faro dominical e Últimas páginas, ademais de  contribuír coas súas noticias numerosas portadas do xornal de referencia no sur de Galicia.

Neste amplo período temporal Eva González fixo a primeira reportaxe sobre o mosteiro das Clarisas tudenses, as populares “Encerradas” e salientan os seus traballos sobre o centro “O Pelouro” logo publicado en “Cuadernos de Pedagogía” ou o dedicado aos muíños do Tripes reproducido na revista da asociación “Hispania Nostra”. Ela recorda con especial agarimo as entrevistas realizadas ao escultor Juan Oliveira ou a primeira entrevista realizada a D. Luís Quinteiro como bispo tudense.

Como a propia Eva González lembra: “as portas do meu despacho sempre estiveron abertas a todos” logrando así un amplo recoñecemento en todos os sectores sociais da nosa comarca.

A lectura do pregón se completa cun breve concerto a cargo do Conservatorio Municipal de Música de Tui que interpretarán diversas pezas musicais de caracter sacro.

A Asociación “Amigos da Catedral de Tui” agradece a colaboración na organización deste acto do Cabido catedral de Tui, a Hermandad del Dulce Nombre de Jesús y Santa Casa de Misericordia e o Concello de Tui, asi como Asociación Cultural Cristo da Agonia – Antigos Voluntarios de Protección Civil.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Pieza del mes de noviembre 2011: Virgen de la Expectación

Altar de la Expectación

Fallecimiento del presidente de Amigos da Catedral de Tui, Eduardo Cadenas Dapena

Capilas de Santa Catalina y de la Soledad

Concerto de Mistura Vocal o domingo 15 de xuño na igrexa de San Domingos