Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2026

Presentación da novela "Mar de cobre" de Ramón Lamela

Imagen
  A asociación “Amigos da Catedral de Tui” organiza para o sábado 28 de novembro a presentación da novela de Ramón Lamelo “Mar de cobre” que terá lugar na Sala Félix Rodríguez González (no Edificio “Francisco Sánchez”) ás 19,00 horas. Ramón Jesús Lamelo Otero (Vigo, 1968) defínese como escritor de contos de Nadal e afeccionado á literatura de Dickens. Enxeñeiro agrícola de profesión. Nesta súa primeira novela, “Mar de cobre”, intenta emular eses relatos longos que o autor inglés escribía en entregas semanais, onde o sufrimento dos protagonistas se entrelaza co humor, pero trasladado a décadas pasadas e onde as fábricas cheas de fume da Inglaterra vitoriana foron substituídas pola dureza do océano Atlántico e a vida en Galicia, concretamente na aldea de Combarro (Poio), e outros lugares e ambientes que a protagonista atopa na súa viaxe vital desde o seu lugar de nacemento en Cidade do Cabo. Tui está presente nesta novela, afirma o autor, grazas ás lembranzas que o autor garda de...