Presentación da novela "Mar de cobre" de Ramón Lamela
A asociación “Amigos da Catedral de Tui” organiza para
o sábado 28 de novembro a presentación da novela de Ramón Lamelo “Mar de cobre”
que terá lugar na Sala Félix Rodríguez González (no Edificio “Francisco Sánchez”)
ás 19,00 horas.
Ramón Jesús Lamelo Otero (Vigo, 1968) defínese como escritor
de contos de Nadal e afeccionado á literatura de Dickens. Enxeñeiro agrícola de
profesión. Nesta súa primeira novela, “Mar de cobre”, intenta emular eses
relatos longos que o autor inglés escribía en entregas semanais, onde o
sufrimento dos protagonistas se entrelaza co humor, pero trasladado a décadas
pasadas e onde as fábricas cheas de fume da Inglaterra vitoriana foron
substituídas pola dureza do océano Atlántico e a vida en Galicia, concretamente
na aldea de Combarro (Poio), e outros lugares e ambientes que a protagonista
atopa na súa viaxe vital desde o seu lugar de nacemento en Cidade do Cabo.
Tui está presente nesta novela, afirma o autor, grazas
ás lembranzas que o autor garda de vivir nesta cidade durante a súa infancia e
mocidade e por iso o seu interese en presentala na nosa cidade.

Comentarios
Publicar un comentario