MONSEÑOR D. LUIS QUINTEIRO, BISPO EMERITO DE TUI-VIGO. SERÁ O PREGOEIRO DA SEMANA SANTA TUDENSE 2025

Este vindeiro domingo 6 de abril ás 18,00 horas a capela das Reliquias da S.I. Catedral de Tui servirá de escenario para o acto de lectura do pregón da Semana Santa tudense que correrá a cargo neste ano por Monseñor D. Luis Quinteiro Fiuza, bispo emérito da diocese de Tui-Vigo.  A celebración deste acto de lectura do pregón da Semana Santa é unha iniciativa da Asociación “Amigos da Catedral de Tui” que dende o ano 2012 realiza este acto para a promoción do valores espirituais e culturais das celebracións da Semana Santa tudense que teñen unha historia de séculos e contan con singulares tradicións de alto valor como parte do noso patrimonio inmaterial.



Don Luis Quinteiro Fiuza nace en Sabrexo (Vila de Cruces, Pontevedra) o día 26 de xuño de 1947. Ingresa no Seminario Menor de Belvís de Santiago de Compostela en 1958. Uns anos despois, en 1966, sendo seminarista maior, comeza os seus estudos teolóxicos na Pontificia Universidade de Comillas (Santander) e, trasladada esta Universidade a Madrid, obtén o grao de Licenciado en Teoloxía e realiza os cursos de doutoramento. En xuño de 1971 é ordenado presbítero en Madrid, na Igrexa do I.C.A.I. dos Xesuítas.

En 1978 vai a Roma para ampliar estudos na Pontificia Universidade Gregoriana. Durante esta estancia na Cidade Eterna, especialízase en Filosofía Contemporánea e realiza varios cursos e seminarios sobre o estudo e pensamento de Karl Marx. En 1981 asiste en Alemaña a uns cursos da Hochschule für Philosophie de Munich. É Doutor en Filosofía pola Pontificia Universidade Gregoriana de Roma, cunha tese sobre o Realismo Transcendental, na que obtén a cualificación de Summa cum laude.

Na súa Diocese de orixe desenvolveu un intenso labor pastoral e intelectual: no ano 1982 é nomeado Profesor do Instituto Teolóxico Compostelán e director do Centro de Formación Teolóxica de Segrares da Arquidiocese. No ano 1992, Director do Instituto Teolóxico Compostelán, e en 1997, Reitor do Seminario Maior de Santiago de Compostela.

En 1999 o Papa San Xoán Paulo II noméao bispo titular de Fuerteventura e auxiliar de Santiago de Compostela ata que no ano 2002 é designado bispo de Ourense, Diocese na que permaneceu sete anos.

O 28 de xaneiro do 2010 fíxose público o seu nomeamento como bispo de Tui-Vigo, da que tema posesión o 25 de abril de 2010, na santa igrexa catedral de Tui. Foi bispo de Tui-Vigo ata o 25 de maio de 2024 e administrador apostólico da diocese ata o 20 de xullo dese mesmo ano, cando tomou posesión o seu sucesor, Mons. Antonio Valín Valdés. En decembro de 2023 o Pleno da Corpración Municipal de Tui entregoulle a medalla de ouro da cidade de Tui.

A lectura do pregós se completa cun breve concerto a cargo da alumna Anna Valentina Ramalho Mykytyuk e o profesor Ruben López López, ambos ao piano, do Conservatorio Municipal de Música de Tui que interpretaran diversas pezas musicais de caracter sacro.

A Asociación “Amigos da Catedral de Tui” agradece a colaboración na organización deste acto do Cabido catedral de Tui, a Hermandad del Dulce Nombre de Jesús y Santa Casa de Misericordia e o Concello de Tui.


 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Pieza del mes de noviembre 2011: Virgen de la Expectación

Altar de la Expectación

Capilas de Santa Catalina y de la Soledad

Capilla de San Andrés o del Santísimo

MAÑA MÉRCORES 24 DE XULLO CONCERTO DO CORO INFANTIL CANTABILE NA IGREXA DE SAN DOMINGOS