Entrega do Premio Cidade de Tui 2024 a "Amigos da Catedral de Tui"

Con inmenso orgullo e gratitude esta Asociación "Amigos da Catedral de Tui" recolleu o pasado sábado 30 de marzo, o Premio "Cidade de Tui" do ano 2024 na categoría colectiva.

Recolleu este premio, en nome do Presidente da Asociación Eduardo Cadenas Dapena, a súa esposa María Dolores Balseiro Pose.

Acompañaron á Xunta Directiva da Asociación neste acto, o primeiro presidente Manuel Martínez, así como Julio Viñas que, sen chegar a ocupar cargo directivo algún, tivo unha grande participación nos primeiros anos da nosa Asociación. Presenza que testemuña o agradecemento aos diversos directivos que dende 1992 teñen aportado a súa dedicación e esforzo así como aos socios de "Amigos da Catedral", cunha especial lembranza para D. Domingo Cameselle Bastos, inspirador da nosa asociación, D. Antonio Hernández Matias e D. Ricardo Garcia Fernández.

Achegamos diversas imaxes deste acto.

¡Gracias!












Comentarios

Entradas populares de este blog

Pieza del mes de noviembre 2011: Virgen de la Expectación

Altar de la Expectación

Capilas de Santa Catalina y de la Soledad

Capilla de San Andrés o del Santísimo

MAÑA MÉRCORES 24 DE XULLO CONCERTO DO CORO INFANTIL CANTABILE NA IGREXA DE SAN DOMINGOS