Entradas

Mostrando entradas de julio, 2024

MAÑA MÉRCORES 24 DE XULLO CONCERTO DO CORO INFANTIL CANTABILE NA IGREXA DE SAN DOMINGOS

Imagen
O Coro Infantil e Xuvenil Cantabile, de A Coruña, ofrecerá o mércores 24 de xullo ás 20,00 horas, un concerto extraordinario na igrexa tudense de San Domingos no percurso da súa xira polas terras do Miño galaico-portugués. Este concerto está organizado en colaboración coa Asociación Amigos da Catedral de Tui, con entrada libre ata completar o aforo. Esta agrupación coral, dirixida por Pablo Carballido del Camino interpretará o Gloria RV 589 de Antonio Vivaldi. Esta composición, tamén coñecida como o «Gloria» de Vivaldi, é unha das obras máis destacadas do período barroco italiano. A. Vivaldi, recoñecido polo seu talento como compositor e violinista, logrou nesta peza unha combinación brillante de coros e solistas, creando unha atmosfera sublime e emocionante. O Coro Infantil e Xuvenil Cantabile nace froito da asociación que leva o seu mesmo nome como un gran proxecto musical e social que integra nenos, nenas, mozos e mozas, tendo á música clásica como fío condutor. Desde o seu naceme