MAÑA MÉRCORES 24 DE XULLO CONCERTO DO CORO INFANTIL CANTABILE NA IGREXA DE SAN DOMINGOS
O Coro Infantil e Xuvenil Cantabile, de A Coruña, ofrecerá o mércores 24 de xullo ás 20,00 horas, un concerto extraordinario na igrexa tudense de San Domingos no percurso da súa xira polas terras do Miño galaico-portugués. Este concerto está organizado en colaboración coa Asociación Amigos da Catedral de Tui, con entrada libre ata completar o aforo. Esta agrupación coral, dirixida por Pablo Carballido del Camino interpretará o Gloria RV 589 de Antonio Vivaldi. Esta composición, tamén coñecida como o «Gloria» de Vivaldi, é unha das obras máis destacadas do período barroco italiano. A. Vivaldi, recoñecido polo seu talento como compositor e violinista, logrou nesta peza unha combinación brillante de coros e solistas, creando unha atmosfera sublime e emocionante.
O Coro Infantil e Xuvenil
Cantabile nace froito da asociación que leva o seu mesmo nome como un gran
proxecto musical e social que integra nenos, nenas, mozos e mozas, tendo á
música clásica como fío condutor. Desde o seu nacemento en 2002, chegan a ser un un referente musical en toda
a Galicia, grazas ao gran número de concertos e xiras que realizan tanto no
panorama nacional como internacional: Viena, Salzburgo, Lisboa, Boloña, Madrid,
Roma… Ademais, os numerosos premios recibidos e a crítica avalan a súa traxectoria
interpretativa e, especialmente o seu son e técnica vocal, debidas ao seu
director Pablo Carballido del Camino, tenor e mestre de canto.
Cantabile gravou xa seis discos,
entre os que destacan a banda sonora da película “De Profundis” (estreada xunto
á Orquesta Sinfónica de Galicia) o disco dedicado á obra vocal sacra de Vivaldi
avalado polo musicólogo José López Calo, “Mozart y Haydn en las voces de
Cantabile” ou o último proxecto, “Palabras de Luz: doce pezas corais inéditas”,
galegas e en galego, que compartido con todos os coros galegos, e que foi
premiado na sétima edición dos Martín Códax da música galega, na categoría de
“Coros e grupos vocais”.

Comentarios
Publicar un comentario