Presentación do libro sobre o tudense Enrique Pérez Serantes onte na Catedral
Celebrouse onte, mércores 28 de decembro, a presentación do libro "Iglesia y revolución en Cuba" centrado na traxectoria do arcebispo de Santiago de Cuba, primado daquela illa e tudense de nacemento, Enrique Pérez Serantes. En primeiro lugar, Alberto Cuevas, delegado diocesano de medios de comunicación, fixo unha presentación da obra e especialmente do seu autor. De seguido Ignacio Uría fixo unha extensa presentación da súa obra de investigación, salientando o papel esencial que Pérez Serantes tivo na historia contemporánea de Cuba.
A presentación deste libro esperamos teña contribuido á recuperación do nome deste egrexio eclesiástico natural de Tui, Enrique Pérez Serantes, a quen esta cidade de Tui tiña esquecido.
A presentación deste libro esperamos teña contribuido á recuperación do nome deste egrexio eclesiástico natural de Tui, Enrique Pérez Serantes, a quen esta cidade de Tui tiña esquecido.
Comentarios
Publicar un comentario