A CATEDRAL DE TUI ACOLLE UNHA NOVA EDICIÓN DA EXPOSICIÓN “BELENS DO MUNDO”

A CATEDRAL DE TUI ACOLLE A EXPOSICIÓN “BELENS DO MUNDO” CON MAIS DE 400 NACEMENTOS PROCEDENTES DOS CINCO CONTINENTES

Organizada pola Asociación de Amigos da Catedral de Tui

Este ano está distribuída polas nave da Catedral

Tamén podemos visitar o monumental Belén da catedral tudense

  

A Catedral de Tui acolle un ano máis a exposición “Beléns do mundo” organizada pola Asociación de Amigos da Catedral de Tui que acolle máis de 400 beléns procedentes dos cinco continentes e que constitúen unha fermosa expresión de arte e devoción popular de máis de cincuenta países representados nas vitrinas desta exposición. Este ano como novidade hai una colección de beléns de cartolina igualmente figura unha Natividade procedente de Corea do Sur, que o pasado ano enviou unha peregrina daquela nacionalidade que contemplara esta exposición na súa peregrinación polo Camiño Portugués a Compostela. 



Este ano debido as obras que están en curso da Capela do Santísimo e que motiva que o culto diario da catedral se celebre na Capela de San Telmo ou das Reliquias, a exposición belenística está distribuída polas naves do templo catedralicio tudense, nunha nova localización que posibilita unha maior amplitude e, consecuentemente, unha mellorada visión das obras expostas.


Como sinala o Papa Francisco o belén es realmente un ejercicio de fantasía creativa, que utiliza los materiales más dispares para crear pequeñas obras maestras llenas de belleza. Se aprende desde niños: cuando papá y mamá, junto a los abuelos, transmiten esta alegre tradición, que contiene en sí una rica espiritualidad popular. Espero que esta práctica nunca se debilite; es más, confío en que, allí donde hubiera caído en desuso, sea descubierta de nuevo y revitalizada.


Xunto a esta exposición, xa está a aberto o Belén monumental da Catedral tudense que chega como cada ano fiel a súa cita, con cerca dun centenar de figuras e diversas escenas que rememoran os episodios bíblicos relacionados co nacemento do Cristo.

 

Dende a Asociación de Amigos da Catedral de Tui queren expresar o seu agradecemento ao Cabido da catedral así como ao Concello de Tui pola colaboración prestada para a montaxe desta mostra navideña asi como aos colaboradores altruístas (María José, Loli, Sita e Lee). Todo este labor coordinado polo presidente da Asociación, Eduardo e a súa esposa Dolores, que cada ano coordinan esta extraordinaria mostra belenística.

A mostra estará aberta ata o vindeiro 10 de xaneiro de 2021.













Comentarios

Entradas populares de este blog

CONCIERTO EN LA CATEDRAL DE TUI DEL “IMPERIAL COLLEGE CHAMBER CHOIR” EL PRÓXIMO MARTES 26 DE SEPTIEMBRE

Pieza del mes de noviembre 2011: Virgen de la Expectación

Eduardo Cadenas y Dolores Balseiro distinguidos con la orden pontificia de San Gregorio Magno

Pregón da Semana Santa de Tui do ano 2024 polo profesor Xosé María Lores Pérez

Altar de la Expectación