A Catedral recupera a súa matraca nesta Semana Santa

A MATRACA DA CATEDRAL DE TUI SOARA DE NOVO NAS XORNADAS DO XOVES OU VENRES SANTO A Semana Santa tudense continúa enriquecendo o seu acervo, recuperando agora unha tradición interrompida, hai algunhas décadas, o son da matraca substituirá, nas xornadas do xoves e venres santo, o tradicional son das campás da catedral tudense, convocando aos fieis ás celebracións litúrxicas propias destas datas. Poucos lugares conservan unhas manifestacións da Semana Santa tan singulares como Tui. As escenografías relacionadas con antergos dramas ou autos sacramentais como os que podemos contemplar aínda no Sermón do Encontro, coa soberba imaxinería articulada do Cristo caendo coa cruz ou na Dolorosa de Agustín Querol, ou no Sermón do Desencravo coa súa particular carga escenográfica e a posterior procesión do Santo Enterro, organizada polo Concello, e que reunía e reúne ás xentes da nosa contorna e mesmo das terras de Portugal. Sen esquecer algo tan excepcional como a Horta das Oliv...