O domingo 6 de abril pregón da Semana Santa por M. Alberto Cuevas

ESTE DOMINGO 6 DE ABRIL A CATEDRAL ACOLLE O PREGÓN DA SEMANA SANTA TUDENSE
Correrá a cargo de Monseñor Alberto Cuevas Fernández




Este domingo 6 de abril ás 18,00 horas terá lugar na S. I. Catedral de Tui a lectura do Pregón da Semana Santa tudense, a cargo de Monseñor Alberto Cuevas Fernández, párroco de Nosa Señora da Soidade na cidade de Vigo e delegado diocesano de medios de comunicación social. É unha persoa estreitamente relacionada con Tui, cidade onde cursou os seus estudios eclesiásticos. Autor de numerosos traballos periodísticos, colaborador habitual en varios xornais e emisoras de radio, salienta pola súa especial capacidade de comunicación.

Completa o programa deste acto un pequeno concerto a cargo de Manuel Madarnás Pérez (alumnos do Conservatorio Municipal de Música de Tui) á trompeta acompañado de J. Ramón Rodríguez Carbajal ao piano.

A Asociación de Amigos da Catedral de Tui, xuntamente co Cabido Catedral e coa “Hermandad del Dulce Nombre de Jesús y Santa Casa de Misericordia” e coa colaboración do Concello de Tui, impulsan, logo da favorable acollida dos anos anteriores, a celebración deste pregón da Semana Santa tudense co obxectivo de promover e valorizar as celebracións desta xornadas na nosa cidade e servir como anuncio e apertura dos actos litúrxicos destas tradicionais celebracións tudenses. Nas anteriores edición este pregón estivo a cargo dos profesores da Universidade de Santiago de Compostela, Marta Cendón Fernández e Domingo González Lopo.

O propósito das entidades organizadoras é contribuír á promocións dos actos litúrxicos e, nomeadamente, as procesións e outros elementos que identifican, dende hai séculos, a Semana Santa tudense. Estes actos reúnen xuntos aos desfiles procesionais outros elementos paralitúrxicos ou parateatrais de fonda tradición na nosa cidade, como é a horta das Oliveiras ou os sermóns do Encontro e o Desencravo. Certamente estes aspectos resultan os máis singulares da Semana Santa tudense que unidos aos desfiles procesionais, onde saen singulares tallas -salientando a popular Dolorosa de Agustín Querol- e ao excepcional marco destes cortexos polas vellas rúas do conxunto histórico converten á Semana Santa tudense nun excepcional acontecemento que une fe, arte e cultura.

A fundamental dimensión relixiosa destas tradicións da Semana Santa non reduce as súas dimensións culturais e mesmo turísticas que posúen estas seculares costumes que cómpre conservar como testemuña dunha historia e como identificadoras da vida da nosa cidade.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Pieza del mes de noviembre 2011: Virgen de la Expectación

Altar de la Expectación

Capilas de Santa Catalina y de la Soledad

Capilla de San Andrés o del Santísimo

MAÑA MÉRCORES 24 DE XULLO CONCERTO DO CORO INFANTIL CANTABILE NA IGREXA DE SAN DOMINGOS