A Catedral recupera a súa matraca nesta Semana Santa

A MATRACA DA CATEDRAL DE TUI SOARA DE NOVO NAS XORNADAS DO XOVES OU VENRES SANTO



A Semana Santa tudense continúa enriquecendo o seu acervo, recuperando agora unha tradición interrompida, hai algunhas décadas, o son da matraca substituirá, nas xornadas do xoves e venres santo, o tradicional son das campás da catedral tudense, convocando aos fieis ás celebracións litúrxicas propias destas datas.

Poucos lugares conservan unhas manifestacións da Semana Santa tan singulares como Tui.As escenografías relacionadas con antergos dramas ou autos sacramentais como os que podemos contemplar aínda no Sermón do Encontro, coa soberba imaxinería articulada do Cristo caendo coa cruz ou na Dolorosa de Agustín Querol, ou no Sermón do Desencravo coa súa particular carga escenográfica e a posterior procesión do Santo Enterro, organizada polo Concello, e que reunía e reúne ás xentes da nosa contorna e mesmo das terras de Portugal. Sen esquecer algo tan excepcional  como a Horta das Oliveiras, que xa se realizaba en 1818, na Capela da Misericordia e que revela a riqueza desta tradición cultural na nosa cidade. Tradición conservada e promovida pola Irmandade do Docísimo Nome de Xesús e Santa Casa de Misericordia, presente en Tui dende 1542.

Peza tamén excepcionall é o “Monumento” da Catedral, retablo que se montaba anualmente para función litúrxica do Xoves Santo, testemuño das disposicións canónicas da Contrarreforma. Obra do escultor Juan Luís Pereira de Santo Adrián de Cobres realizado no ano 1775, e que na actualidade é unha peza do mobiliario litúrxico única en España.

Este ano esta Semana Maior ou de Paixón se enriquece coa recuperación dunha anterga expresión da sensibilidade destas datas: o son da matraca da Catedral tudense marcara estas xornadas da Semana Santa recuperando unha acústica esquecida durante décadas.  Gracias á colaboración do Concello de Tui e o Cabido da Catedral as vellas rúas tudense acolleran de novo o son adusto, seco e rexo da matraca catedralicia convocándonos á celebración do misterio pascual.

Segundo o historiador tudense, José Ramón Fernández, a matraca tudense deixou de usarse arredor de 1955 cando o Papa Pío XII cambia a liturxia da Semana Santa desaparecendo o chamado “Oficio de Tebras”. Asi dende a “Gloria” do Xoves Santo ata o “Gloría” do Sabado Santo non se podían usar as campás para chamar aos fieis aos oficios litúrxicos. A matraca é un instrumento de percusión da familia dos idiófonos (instrumentos que producen o son por percusión do seu propio corpo). Consta dun corpo, dun taboleiro de madeira, ao que se unen varios martelos ou mazas, no caso de Tui 8 taboleiros e 16 martelos, que ao golpear contra os taboleiros producen o son.

Comentarios

Entradas populares de este blog

CONCIERTO EN LA CATEDRAL DE TUI DEL “IMPERIAL COLLEGE CHAMBER CHOIR” EL PRÓXIMO MARTES 26 DE SEPTIEMBRE

Pieza del mes de noviembre 2011: Virgen de la Expectación

Eduardo Cadenas y Dolores Balseiro distinguidos con la orden pontificia de San Gregorio Magno

Pregón da Semana Santa de Tui do ano 2024 polo profesor Xosé María Lores Pérez

Altar de la Expectación