Este domingo 26 de marzo pregón da Semana Santa de Tui polo cóengo Avelinio Bouzón
![]() |
https://www.diarioluso-galaico.com/ |
A lectura do pregón terá lugar o vindeiro domingo 26 de marzo ás 18,00 horas na capela das Reliquias da S.I. Catedral de Tui e correrá
a cargo neste ano do cóengo desta catedral e director do Arquivo Capitular e
Diocesano, D. Avelino Bouzón Gallego. A celebración deste acto de lectura do
pregón da Semana Santa é unha iniciativa da Asociación “Amigos da Catedral de
Tui” que dende o ano 2012 realiza este acto para a promoción do valores
espitiruais e culturais das celebracións da Semana Santa tudense que teñen unha
historia de séculos e contan con singulares tradicións de alto valor como parte
do noso patrimonio inmaterial.
Avelino Bouzón (Cesantes – Redondela, 1946) sacerdote
diocesano ordenado no ano 1971 na vila de Redondela polo bispo D. José
Delicadio Baeza, licenciado en Historia
Eclesiástica, Diplomado en Arquivística y Biblioteconomía por la Scuola Archivística Vaticana,
cóengo-arquiveiro da Catedral de Tui e párroco de San Bartolomeu de Rebordáns.
Ten unha ampla relación de artigos e traballos de investigación centrados nos
fondos documentais conservados nos arquivos catedralicio e diocesano, é un
habitual colaborador en diversos medios de comunicación como “Faro de Vigo”.
El pregoeiro será presentado polo periodista Roberto Ledo
e se completa o programa cun pequeno concerto a cargo de Cristina Gómez Crespo
e Gabriel Silvera Marcoff, profesores de óboe e guitarra respectivamente do
Conservatorio Municipal de Música de Tui.
A Asociación “Amigos da Catedral de Tui” agradece a
colaboración na organización deste acto do Cabido catedral de Tui, a Hermandad
del Dulce Nombre de Jesús y Santa Casa de Misericordia e o Concello de Tui.
Comentarios
Publicar un comentario