lunes, 20 de junio de 2022

Festividade do Corpus Christi con alfombras de flores na Catedral de Tui

Onte festividade do Corpus Christi de novo un grupo de alfombreiras decorou, con habelencia, o Claustro da Catedral de Tui con fermosas alfombras de flores para o paso da procesión eucarística que debido as inclemencias do tempo discurriu polo Claustro Catedralicio. Parabéns ao grupo de alfombreiras polo traballo realizado que conserva unha expresión do patrimonio inmaterial tan ligado a esta festividade litúrxica do Corpo de Deus.



























No hay comentarios:

Publicar un comentario