Homenaxe a D. Ricardo Garcia polas súas vodas de diamente como presbítero o sábado 22 de setembro
A ASOCIACIÓN
DE AMIGOS DA CATEDRAL DE TUI PROMOVE UNHA HOMENAXE A D. RICARDO GARCIA CO
GALLO DAS SÚAS VODAS DE DIAMANTE COMO PRESBÍTERO
Namentres que a asistencia á Eucaristía é libre, para
participar no xantar cómpre reservar, pois as prazas están limitadas. As
reservas pódense retirar na Catedral tudense aboando o importe de 25,00 euros
por persoa. As reservas poden efectuarse ata o vindeiro día 16 de setembro de
2012.
D. Ricardo
García Fernández (Tui, 1929) foi ordeado como sacerdote o 31 de maio de 1952 no Estadio
Montjuic de Barcelana no acto de
clausura do XXXV Congreso Eucarístico Internacional xunto a outros 820
sacerdotes. Completou a súa formación Roma, onde obtivo a licenciatura en
Historia da Igrexa, foi profesor no Seminario
tudense ata que no ano 1961 foi nomeado párroco de Tui no que se mantivo ao
longo de máis de corenta anos. Cóengo dende 1973, nomeado polo bispo Delicado Baeza,
na actualidade dedica centra a súa actividade na atención á Catedral de Tui
onde atende ao culto e promove numerosas iniciativas para a revitalización do
primeiro templo da diocese.
Comentarios
Publicar un comentario