Ciclo de conferencias sobre o tricentenario do mobiliario da Sancristia e a Sala Capitular da Catedral de Tui


A ASOCIACIÓN DE AMIGOS DA CATEDRAL PROMOVE UN CICLO DE CONFERENCIAS SOBRE O TRICENTENARIO DO MOBILIARIO DA SANCRISTIA E SALA CAPITULAR DA CATEDRAL TUDENSE



A Asociación de Amigos da Catedral de Tui promove un ciclo de conferencias a celebrar esta fin de semana, do venres 9 ao domingo 11 de novembro, para conmemorar o terceiro centenario da obra da caxoneria da sancristía e do cadeirado da Sala Capitular realizados no ao 1712 polo mestre Domingo Rodríguez de Pazos, tamén chamado “Domingo de Fornelos” e que conforman un dos mais interesantes conxuntos do mobiliario barroco do templo catedralicio tudense. 

O programa deste ciclo é o seguinte:

Venres 9 de novembro:  

19h : Juan Manuel Monterroso, profesor da USC:  "Ágape de manjares espirituales: el coro de la catedral de Tui".

20h.: José Manuel López Vázquez, profesor da USC : "El bivio del fiel en la cárcel del mundo: avisos y paradigmas en la cajonería de la catedral de Tui".


Sábado 10 de novembro:          

19h.: Miguel Taín Guzmán, profesor da USC: “La Catedral de Tui: de basílica acastillada medieval a gran templo barroco gallego (ss.XVI-XVIII)”

20h.: Francisco Javier Novo Sánchez: "La excepcionalidad del mobiliario litúrgico barroco de la catedral de Tui. Del retablo mayor al Monumento de Semana Santa".

Domingo 11 de novembro:       

18h.: Suso Vila Pérez: “El contexto histórico-social de un mobiliario excepcional: Tui en torno a 1712”.

19h.: Visita guiada á Catedral de Tui

A Catedral de Tui atesoura unha extraordinaria colección de mobiliario litúrxico, salientable tanto pola súa orixinalidade como pola súa calidade. A linguaxe do barroco emerxe no discurso doutrinal da Catedral, cuxa arquitectura medieval veráse envolta en douradas roupaxes. Este mobiliario será froito dunha necesidade litúrxica, polo que é fundamental para comprender hoxe mellor o emprego do espazo e o tempo dunha Catedral xa transformada en uso e tamén en formas.
En 1712 serían realizadas dúas pezas fundamentais do mobiliario litúrxico: o cadeirado da Sala Capitular e a caxonería da Sacristía. Realizados polo mestre arquitecto Domingo Rodríguez de Pazos, sinalan a complexidade simbólica dunha linguaxe que só era ollada por membros da curia.
A conmemoración dos trescentos anos da súa realización expresa a necesidade de coñecer a importancia deste mobiliario e o seu contexto histórico-artístico. Como vai estar acompañado doutros mobles imprescindibles da colección catedralicia tudense e como a mesma é inevitable coñecer para comprender a complexidade do espazo catedralicio tudense.
As conferencias programadas trazan os diferentes aspectos que se precisan para comprender o porqué da súa necesidade e do seu funcionamento. O coñecemento da arquitectura que encerra este rico mobiliario, é fundamental para entender a evolución ou incluso as preocupacións do momento nas obras catedralicias. Igualmente a relación cerimonial do mobiliario resulta importante para acceder a unha mellor comprensión da utilización do espazo, cun exemplo fundamental como o Monumento de Xoves Santo. O cadeirado do coro e a caxonería da Sacristía coa súa lectura doutrinal e artística aportan un contido moito máis profundo que o formal de cara a entender a relación que este mobiliario tiña cos seus potenciais usuarios.


Son especialistas universitarios de primeiro nivel os que se achegaran ata Tui para participar neste ciclo de conferencias queconta coa colaboración da Aula da Uned de Tui que recoñece esta actividade cun crédito de libre configuración. As persoas interesadas neste recoñecemento deben realizar unha matrícula de 10,00 euros a través da páxina web da Aula Uned de Tui. Para o resto de interesados a asistencia a este ciclo de conferencias é libre e gratuíta. O ciclo desenvolvérase na Capela de San Telmo ou das Reliquias da Catedral Tudense

Comentarios

Entradas populares de este blog

CONCIERTO EN LA CATEDRAL DE TUI DEL “IMPERIAL COLLEGE CHAMBER CHOIR” EL PRÓXIMO MARTES 26 DE SEPTIEMBRE

Pieza del mes de noviembre 2011: Virgen de la Expectación

Eduardo Cadenas y Dolores Balseiro distinguidos con la orden pontificia de San Gregorio Magno

Pregón da Semana Santa de Tui do ano 2024 polo profesor Xosé María Lores Pérez

Altar de la Expectación