"Amigos da Catedral de Tui" Premio "Cidade de Tui" 2024
Con enorme alegría e inmensa gratitude damos conta que o Concello de Tui a proposta do xurado designado ao efectos de conceder os Premios Cidade de Tui correspondentes ao ano 2024, acordou conceder o Premio “Cidade de Tui” do ano 2024, na súa categoría colectiva, á Asociación “Amigos da Catedral de Tui”.
Dende esta Asociación agradecemos especialmente ao xurado e ao Concello tudense este acordo que nos honra profundamente. Un
galardón que recoñece o labor desenvolvida por esta Asociación dende a súa
fundación no ano 1991. Como sinala a nota de prensa do Concello de Tui: “Amigos
da Catedral” con 33 anos de existencia ten sido ao longo destas décadas un
dinamizador constante da vida na catedral tudense pero tamén na propia cidade
con múltiples iniciativas ao longo destes anos, dende o Ciclo Ibérico de Música
Sacra, a exposición de “Belenes del mundo” ou pola súa xestión da igrexa de San
Domingos sempre aberta a iniciativas culturais.
Hoxe queremos lembrar
especialmente a D. Domingo Cameselle Bastos impulsor da Asociación naquel ano
1991, e aos presidentes da mesma Manuel Martínez González e Eduardo Cadenas
Dapena, asi como a tantos entusiastas e entregados directivos, socios e
colaboradores -individuais e colectivos- que fixeron posible esta fecunda actividade de “Amigos da
Catedral”. Con mención especial para o Cabido Catedral polo seu apoio constante
ao longo destas décadas.
¡Gracias a todos!
Laus Deo
Comentarios
Publicar un comentario