Concerto do G. V. Santa Eulalia o domingo 18 de marzo ás 19,00h. na Catedral de Tui




A Asociación “Amigos da Catedral de Tui” comunica que o vindeiro domingo 18 de marzo de 2012 ás 19,00 a S. I. Catedral de Tui acollerá un novo concerto de música. Neste caso se trata do Grupo Vocal “Santa Eulalia” de Mos, dirixido pola tudense Aloia Martínez.

O repertorio deste concerto abranguerá unha primeira parte de música sacra e nunha segunda parte interpretarán polifonía dos séculos XX e XXI. Este agrupación musical integrada por máis dunha vintena de voces leva adiante unha interesante progresión e ten participado en numerosos certames e concertos na Península Ibérica.

A súa directora Aloia Martínez Molina (Tui 1978) comezou os seus estudos musicais no Conservatorio Profesional de Música de Tui. Inicia os seus primeiros pasos na dirección coral da man de Xulio Domínguez (Galicia) e de Javier Busto (Euskadi). Ademais realiza cursos e seminarios con directores de gran prestixio internacional.
Canta na Camerata ad Libitum, dirixida por Xulio Domínguez, desde 1994, formando parte actualmente do Grupo Camerata Vogal Galega e do coro feminino Vivace, ambos os pertencentes á Camerata ad Libitum.

Dirixe o Grupo Vocal Santa Eulalia de Mos desde 2002 co que participou en diferentes certames, ciclos e concertos en Galicia e recentemente en Euskadi.

É diplomada en Educación Musical pola Facultade de Ciencias de Educación de Pontevedra, e Master en Musicoterapia polo Centro de Investigación Musicoterapéutica de Bilbao. Compaxina a súa actividade coral coa docencia de Educación Musical no Colexio Rural Agrupado “A Lagoa”, en Salvaterra de Miño.

A “Asociación Amigos da Catedral de Tui” continúa con esta actividade promovendo a revitalización deste templo catedralicio.

Comentarios

Entradas populares de este blog

CONCIERTO EN LA CATEDRAL DE TUI DEL “IMPERIAL COLLEGE CHAMBER CHOIR” EL PRÓXIMO MARTES 26 DE SEPTIEMBRE

Pieza del mes de noviembre 2011: Virgen de la Expectación

Eduardo Cadenas y Dolores Balseiro distinguidos con la orden pontificia de San Gregorio Magno

Pregón da Semana Santa de Tui do ano 2024 polo profesor Xosé María Lores Pérez

Altar de la Expectación