Concerto do Coro Apóstolo Santiago e a Orquestra Vigo 430 este domingo 29 de abril na Catedral de Tui




O Coro Apóstolo Santiago de Vigo e a Orquestra Vigo 430 van ofrecer este domingo, ás 19.30h, un concerto na Catedral de Tui baixo a dirección de Rimas Zdanavicius. Actuarán como solistas Rafael de Larriva e Tatiana Sacharova.
No programa interpretarán obras de Gretchaninnoff, Lotti, Albinoni, Rameau, Franck, Fauré, Bach, Mozart, Haydn e Haendel.
O Coro Apóstolo Santiago naceu en Vigo no ano 1994 impulsado polo pai Emilio Veiga. O Coro está composto por 50 voces mixtas con sopranos, contraltos, tenores e baixos. Unha característica distintiva do Coro Apóstolo Santiago é a gran variedade do seu repertorio, composto por máis de cen obras en varios idiomas, abarcando música sacra, lírica, popular, nacional e internacional, galega e panxoliñas no que predomina a interpretación a catro voces.
Despois da súa presentación pública no ano 1995, actuou en diversos certames, encontros musicais, intercambios en colexios, igrexas, mosteiros, catedrais, e percorreu unha parte importante da xeografía de Galicia, norte de España e norte de Portugal.

Tomado de www.galiciasuroeste.info

Comentarios

Entradas populares de este blog

Pieza del mes de noviembre 2011: Virgen de la Expectación

Altar de la Expectación

Capilas de Santa Catalina y de la Soledad

Capilla de San Andrés o del Santísimo

MAÑA MÉRCORES 24 DE XULLO CONCERTO DO CORO INFANTIL CANTABILE NA IGREXA DE SAN DOMINGOS