O mércores 10 de abril a Catedral acolle a lectura do Pregón da Semana Santa de Tui, que correrá a cargo de Rafael Sánchez Bargiela




O próximo mércores 10 de abril ás 20,00 horas (*) terá lugar na Capela das Reliquias da S. I. Catedral de Tui a lectura do Pregón da Semana Santa tudense, que neste ano correrá a cargo de Rafael Sánchez Bargiela, historiador tudense, técnico do Concello de Tui e que ata hai unhas semanas desempeñou, durante cinco anos, o cargo de Director – Xerente da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo.

A Asociación de Amigos da Catedral de Tui, xuntamente co Cabido Catedral e coa “Hermandad del Dulce Nombre de Jesús y Santa Casa de Misericordia” e coa colaboración do Concello de Tui, impulsan, logo da favorable acollida dos anos anteriores, a celebración deste pregón da Semana Santa tudense co obxectivo de promover e valorizar as celebracións desta xornadas na nosa cidade e servir como anuncio e apertura dos actos litúrxicos destas tradicionais celebracións tudenses. Esta iniciativa comezou no ano 2012, coa presenza da profesora tudense Marta Cendón, e dende aquela van oito anos deste evento xa consolidado como o inicio das celebracións da Semana Santa en Tui.

O propósito das entidades organizadoras é contribuír á promocións dos actos litúrxicos e, nomeadamente, as procesións e outros elementos que identifican, dende hai séculos, a Semana Santa tudense. Estes actos reúnen xuntos aos desfiles procesionais outros elementos paralitúrxicos ou parateatrais de fonda tradición na nosa cidade, como é a horta das Oliveiras (que o pasado cumpriu cen anos de presenza continuada) ou os sermóns do Encontro e o Desencravo. Certamente estes aspectos resultan os máis singulares da Semana Santa tudense que unidos aos desfiles procesionais, onde saen singulares tallas -salientando a popular Dolorosa de Agustín Querol- e ao excepcional marco destes cortexos polas vellas rúas do conxunto histórico converten á Semana Santa tudense nun excepcional acontecemento que une fe, arte e cultura.

A fundamental dimensión relixiosa destas tradicións da Semana Santa non reduce as súas dimensións culturais e mesmo turísticas que posúen estas seculares costumes que cómpre conservar como testemuña dunha historia e como identificadoras da vida da nosa cidade.


(*) Nos carteis da Semana Santa figura esta lectura do Pregón o domingo 7 de abril, pero tivo de ser adiada ata o mércores 10 de abril. Rogamos desculpas.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Pieza del mes de noviembre 2011: Virgen de la Expectación

Altar de la Expectación

Capilas de Santa Catalina y de la Soledad

Capilla de San Andrés o del Santísimo

MAÑA MÉRCORES 24 DE XULLO CONCERTO DO CORO INFANTIL CANTABILE NA IGREXA DE SAN DOMINGOS