"Amigos da Catedral de Tui" Premio "Cidade de Tui" 2024

Con enorme alegría e inmensa gratitude damos conta que o Concello de Tui a proposta do xurado designado ao efectos de conceder os Premios Cidade de Tui correspondentes ao ano 2024, acordou conceder o Premio “Cidade de Tui” do ano 2024, na súa categoría colectiva, á Asociación “Amigos da Catedral de Tui”.


Dende esta Asociación agradecemos especialmente ao xurado e ao Concello tudense este acordo que nos honra profundamente. Un galardón que recoñece o labor desenvolvida por esta Asociación dende a súa fundación no ano 1991. Como sinala a nota de prensa do Concello de Tui: “Amigos da Catedral” con 33 anos de existencia ten sido ao longo destas décadas un dinamizador constante da vida na catedral tudense pero tamén na propia cidade con múltiples iniciativas ao longo destes anos, dende o Ciclo Ibérico de Música Sacra, a exposición de “Belenes del mundo” ou pola súa xestión da igrexa de San Domingos sempre aberta a iniciativas culturais.

Hoxe queremos lembrar especialmente a D. Domingo Cameselle Bastos impulsor da Asociación naquel ano 1991, e aos presidentes da mesma Manuel Martínez González e Eduardo Cadenas Dapena, asi como a tantos entusiastas e entregados directivos, socios e colaboradores -individuais e colectivos- que fixeron posible esta fecunda actividade de “Amigos da Catedral”. Con mención especial para o Cabido Catedral polo seu apoio constante ao longo destas décadas.

¡Gracias a todos!

Laus Deo

Comentarios

Entradas populares de este blog

CONCIERTO EN LA CATEDRAL DE TUI DEL “IMPERIAL COLLEGE CHAMBER CHOIR” EL PRÓXIMO MARTES 26 DE SEPTIEMBRE

Pieza del mes de noviembre 2011: Virgen de la Expectación

Eduardo Cadenas y Dolores Balseiro distinguidos con la orden pontificia de San Gregorio Magno

Pregón da Semana Santa de Tui do ano 2024 polo profesor Xosé María Lores Pérez

Altar de la Expectación