O PROFESOR XOSE MARIA LORES PÉREZ SERÁ O PREGOEIRO DA SEMANA SANTA 2024

 Este vindeiro domingo 17 de marzo ás 18,00 horas a capela das Reliquias da S.I. Catedral de Tui servirá de escenario para o acto de lectura do pregón da Semana Santa tudense que correrá a cargo neste ano por Xosé María Lores Pérez, profesor xubilado do IES “San Paio” de Tui. A celebración deste acto de lectura do pregón da Semana Santa é unha iniciativa da Asociación “Amigos da Catedral de Tui” que dende o ano 2012 realiza este acto para a promoción do valores espirituais e culturais das celebracións da Semana Santa tudense que teñen unha historia de séculos e contan con singulares tradicións de alto valor como parte do noso patrimonio inmaterial.

Xosé María Lores Pérez (Pontevedra, 1961), é licenciado en Filoloxía clásica por la Universidade de Santiago de Compostela (1985). Profesor de Grego nos IES Santa Irene-Vigo (1985-86), IES Valle Inclán-Pontevedra (1986-87) e IES San Paio-Tui (1987-2022). Neste último centro foi Xefe de Estudos (1991-2005), coordinador da biblioteca do mesmo e do club de lectura “Pedra do Acordo”. Xubilouse como catedrático de Grego. Na actualidade é titor de cursos de PLATEGA (Plataforma de teleformación galega), membro do consello editorial da Revista Galega de Educación e como él mesmo gosra subliñar, sobre todo, lector.

Tras a alocución deste Pregón da Semana Santa e unha posterior intervención do bispo da diocese de Tui-Vigo, Monseñor D. Luis Quinteiro Fiuza, habera un pequeno concerto a cargo de alumnos e profesores do Conservatorio Municipal de Música de Tui.

A Asociación “Amigos da Catedral de Tui” agradece a colaboración na organización deste acto do Cabido catedral de Tui, a Hermandad del Dulce Nombre de Jesús y Santa Casa de Misericordia e o Concello de Tui.


 

Comentarios

Entradas populares de este blog

CONCIERTO EN LA CATEDRAL DE TUI DEL “IMPERIAL COLLEGE CHAMBER CHOIR” EL PRÓXIMO MARTES 26 DE SEPTIEMBRE

Pieza del mes de noviembre 2011: Virgen de la Expectación

Eduardo Cadenas y Dolores Balseiro distinguidos con la orden pontificia de San Gregorio Magno

Pregón da Semana Santa de Tui do ano 2024 polo profesor Xosé María Lores Pérez

Altar de la Expectación